Tuesday 07 de May de 2024

Abertas as inscricións no “Mes da Saúde” do Concello de Frades, que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela


O Concello de Frades vén de abrir o prazo de inscrición no “Mes da Saúde”, un programa que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela os martes 8, 15, 22 e 29 de marzo. O prezo é de 45 euros e a admisión será por rigorosa orde de inscrición no teléfono 981 695 567, ata o 4 de marzo. Terán preferencia as persoas empadroadas en Frades.

O Concello de Frades subvenciona o 70% do custo desta iniciativa e porá un autobús a disposición das persoas participantes, que sairá da Grabanxa ás 15:00 horas e as recollerá polas distintas parroquias. Os veciños e veciñas participantes deberán levar traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina.

Durante esas catro sesións no Hotel Balneario Compostela desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.